VIAXES +60 para este 2026, Espazos +60
Se che apaixona viaxar e descubrir novas culturas pero hai certos destinos aos que nunca pensarías ir só, as nosas viaxes son para ti.
Ao tratarse de viaxes en grupo, sempre te sentirás acompañado, poderás establecer relacións sociais e mesmo crear vínculos de amizade con persoas que non formen parte do teu círculo de amigos.
Afundación e persoal da axencia acompañaranvos dende a saída e estaremos co grupo durante toda a viaxe para tratar de solucionar calquera imprevisto que poida xurdir.
Convidámoste a emprender viaxes únicas, deseñadas e pensadas especialmente para ti. Cada viaxe darache algo diferente, uns sorprenderanche coa súa natureza, outros coa súa cultura, outros permitirán aprender coa súa arte, a súa historia, as súas ruínas... pero o máis importante é saber valorar. os pequenos e grandes detalles únicos e irrepetibles, especialmente vitais e inesquecibles.
Viaxar non é só unha actividade recreativa, senón un xeito de enriquecer a nosa vida. Axúdanos a crecer e ofrécenos ferramentas para mellorar a nosa saúde mental e emocional. Entón, por que esperar? A próxima aventura está esperando por ti!
Presentámosvos unha selección de destinos cautivadores que che transportarán a outros tempos e mergullarán en culturas extraordinarias.
DESTINOS NACIONAIS
Córdoba, consulta o programa, do 9 ao 14 de abril. Formulario de inscrición
Teruel, consulta o programa, do 24 ao 29 de maio. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
DESTINOS INTERNACIONAIS
Norte de Italia, consulta o programa, do 10 ao 14 de abril. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
2º turno Ámsterdam, consulta o programa, do 16 ao 20 de xuño. Formulario de inscrición.
Ámsterdam, consulta o programa, do 30 de xuño ao 4 de xullo. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
Cruceiro por Croacia e Montenegro, consulta o programa, do 16 ao 23 de xullo. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
Córsega e Sardeña, consulta o programa, do 4 ao 11 de setembro. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
Tunisia, consulta o programa, do 1 ao 9 de outubro. Formulario de inscrición
Vietnam e Camboxa, consulta o programa, do 3 ao 15 de decembro. Formulario de inscrición LISTA DE ESPERA
2º turno Vietnam e Camboxa, consulta o programa, do 27 de outubro ao 8 de novembro. Formulario de inscrición
O prazo de solicitude de inscripción para as viaxes abrirase o xoves 19 de febreiro, ás 10.00 horas.
Todavía non es soci@? Infórmate