• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición TINO GRANDÍO. Correspondencias, en Lugo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición TINO GRANDÍO. Correspondencias, en Lugo
  • 12-03-2026 13-06-2026 Exposición TINO GRANDÍO. Correspondencias, en Lugo Un conxunto de obras das coleccións de arte Afundación e ABANCA asinadas polo artista lucense en diálogo con creacións de artistas actuais. Imos coñecer o traballo de Grandío desde unha ollada contemporánea Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    12 MAR a 13 XUÑ 2026

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

A historia da arte galega e, en particular, a historia da pintura moderna teñen na figura de Tino Grandío (Lousada, Lugo, 1924 — Lugo, 1977) un dos artistas cunha das linguaxes máis orixinais e complexas dentro da historia da pintura do seu tempo. A Colección de Arte ABANCA e a Colección de Arte Afundación gardan e agora amosan nesta nova mostra TINO GRANDÍO. Correspondencias, un gran conxunto de obras do autor que pode observarse cun sentido contemporáneo, poñendo en relevo o seu verdadeiro valor dentro da historia da arte en Galicia.

Para poder levar a cabo esta lectura, resulta imprescindible atender o traballo de estudo e conceptualización levado a cabo polo comisariado da mostra: Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo (Cooperativa Performa) que tiveron a visión e a capacidade de crear este diálogo entre Grandío e toda unha serie de destacados artistas do noso tempo. 

 

COMISARIADO | Mónica Maneiro e Iñaki Martínez. Cooperativa Performa

 

VISITAS GUIADAS público xeral

INAUGURAL | 12 MAR 2026 | 19.00 h

HABITUAIS | 9 ABR, 7 MAI e 4 XUÑ 2026 | 19.00 h

Entradas de balde en Ataquilla.com

 

Información e reservas de actividades escolares e visitas para grupos no teléfono 982 289 096 ou en areaeducativalugo@afundacion.org

 
Esta mostra encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. Accede cunha doazón de produtos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais.
Máis información

 

A historia da arte galega, e en particular a historia da pintura moderna, ten na figura de Tino Grandío (Lousada, Lugo, 1924 — Lugo, 1977) un dos artistas que posúe unha linguaxe máis orixinal e complexa dentro da historia da pintura do seu tempo.

A Colección de Arte ABANCA garda, entre os seus amplos fondos pictóricos, un gran conxunto de obras do autor que permite mostrar o seu traballo cun sentido de pura contemporaneidade, poñendo en relevo o seu verdadeiro valor dentro da historia da arte en Galicia, achegándolle unha renovada actualidade.

As creacións do lucense dialogan coas de 12 artistas actuais de relevancia: a tamén lucense Mónica Alonso, Carla Andrade, Vasco Araújo, Manuel Eirís, Tamara Feijoo, Xisela Franco, Christian García Bello, Julia Huete, Jesús Madriñán, Vítor Mejuto, Álvaro Negro e Eulàlia Valldosera.

A exposición «Tino Grandío. Correspondencias» organízase en base a unha revisión dos xéneros artísticos que percorreu o artista e ás súas grandes liñas temáticas: a vida social e cotiá, a paisaxe, o corpo feminino, o bodegón e a familia rural. Así que a pintura en clave xeométrica de Vitor Mejuto, por exemplo, dialoga cos retratos de Grandío e os seus achegamentos aos espazos de reunión da vida social e cultural. Ou unha peza audiovisual de Carla Andrade, Amarillo Atlántico, dialoga coa obra do guntinés máis centrada na paisaxe. O mesmo que as abstraccións de Manuel Eirís ou Mónica Alonso ou as creacións de Álvaro Negro, en diálogo coas pezas de Grandío no límite da figuración e a abstracción.

O encontro entre a visión do corpo feminino que destilan as obras de artistas como Eulàlia Valldosera, Xisela Franco e Jesús Madriñán, e a que ofrecen as obras de Grandío antes de 1977 é especialmente interesante. A exposición complétana dous diálogos: o que se dá entre os bodegóns de Grandío e a obra de Tamara Feijoo, por unha parte, e o que se dá entre as súas escenas rurais e o traballo de Christian García Bello.

Tino Grandío conectou rapidamente cos presupostos da «Nova figuración», pero a súa obra tomou rapidamente un sendeiro particular, tendo como referencias na súa renovación as obras de creadores como Velázquez, Goya ou Picasso. Executaba o artista lucense unha pintura de cariz expresionista, pero cun gran contido social. Grandío foi capaz de anticiparse temporalmente en canto a estilo ás propostas de artistas contemporáneos tan importantes como Luc Tuymans ou Gerhard Richter.

Criado no seu Guntín natal, Tino Grandío estudou bacharelato en Lugo, e despois trasladaríase a Santiago. Desde 1949 viviu en Madrid, aínda que sempre mantería unha profunda relación con Lugo e Guntín. A súa obra foi obxecto de exposicións individuais en cidades como Madrid, Barcelona, Lisboa, París ou Nova York.

Para moitas persoas e amantes da arte, esta será unha oportunidade de atoparse de novo coas súas obras, pero ao mesmo tempo, as novas xeracións sorprenderanse e gozarán coa riqueza e modernidade deste grande artista. 

  

Esta exposición foi producida por ABANCA para o Centro Obra Social ABANCA (Praza de Cervantes) en Santiago de Compostela.

 

Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com

Florero (1963)
Florero (1963)
Romería (1953)
Romería (1953)
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078