AUTORRETRATO
- INV:
- 2638
- Año de creación:
- 1944
- Dimensiones:
- 31 x 24 x 0
- Técnica:
-
Acuarela sobre papel
Comentarios
Posiblemente esteamos ante unha das primeiras acuarelas realizadas polo autor que, como excelente retratista, se expón a si mesmo como exemplo da súa gran capacidade para captar os trazos e a ánima. Os grandes ollos revélanse como o elemento máis expresivo, convértense na palabra traducida nunha mirada intensa.A posición a contraluz converte a obra nun estudio de luces e sombras. O busto, perfectamente simétrico e frontal, estructúrase en dúas partes claramente diferenciadas gracias ó intenso foco luminoso que penetra pola esquerda. As tintas delimitan cromaticamente os diversos niveis predominando cara á dereita os tons azuis e verdes, mentres que na esquerda se impón o rosa, o branco e o azul celeste.
O debuxo é excesivamente minucioso e descritivo, o que se explica pola xuventude do artista. Estudia con detalle o cabelo, a mirada, a pel, matizada incluso mediante un fino sombreado realizado a lapis. Sen embargo, o fondo descríbese con amplas bandas de cor fría que non chegan a fusionarse e insisten na traxectoria da luz.
A disposición do rostro a contraluz reviste o autorretrato de misterio e provocación, que se acentúa con observación directa ó espectador, e a cella arqueada nunha actitude entre expectante e retadora.